Gradiant colabora con «Profesións Dixitais»

logo2

Gradiant colabora coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega),  e o  Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC, a través da iniciativa «1 mes, 1 profesión dixital», que ten o obxectivo de concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.

Un novo  faladoiro dixital terá lugar o 28 de setembro, a partir das 9:45 horas nas nosas instalacións, coa internet das cousas (Internet of Things, IoT) coma eixo temático. Unha tecnoloxía na que Gradiant é un referente a nivel internacional,

Dende Gradiant queremos convidarvos a todos os interesados a este evento, e o programa poderedes atopalo aquí. A inscrición, é de balde, e está xa aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.gal e da web www.profesionsdixitais.org.


Máis información

Gradiant IoT

Gradiant dirige un Grupo de Trabajo en AIOTI

Gradiant da los primeros pasos para crear un Digital Innovation Hub sobre Smart Farming en Galicia

Contacto