Entrega de Premios In Gradiant

Vintecinco nenos de institutos de educación secundaria foron testemuñas da entrega dos premios InGradiant nas súas dúas categorías. O Director Xeral de I+D+i animou aos rapaces e rapazas a achegarse á ciencia.

Con motivo da Semana da Ciencia e no contexto do Plan In.ci.te da Consellería de Innovación e Industria, Gradiant convocou o concurso InGradiant, Interfaces persoa-máquina, entre os estudantes galegos. Os rapaces, de entre 12 e 18 anos, foron animados a presentar propostas  para a relación das persoas cos dispositivos electrónicos, tomando parte así na difusión e promoción das novas tecnoloxías entre a mocidade galega.
A resposta resultou sorprendente. Rapaces e rapazas de centros de toda a comunidade enviaron orixinais propostas, que obrigaron ao xurado a empregárense a fondo para decidir cales serían as escollidas. Hoxe, por fin, recolleron os seu premios e foron aplaudidos polos seus compañeiros na Sala de Xuntanzas da ETSI de Telecomunicación.
O Director Xeral de Gradiant, Fernando Pérez, e o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia, destacaron a actitude positiva e imaxinación dos rapaces, nunha ceremonia chea de nervios por parte dos premiados. Para a maioría era o seu primeiro premio e non podían ocultar unha certa vergoña ao ter que erguerse diante de tódolos seus compañeiros.
Os premiados foron, na categoría InConcept:
•     Primer Premio: MP4 para invidentes de Lorena González González y Macarena González Simón (IES Valadares – Vigo). •    Segundo Premio: Touchpad USB de David Veiras Rodríguez y Cristóbal López Castro (IES de Sabón – Arteixo – A Coruña).
Na categoría Gradiant In-Action:
•    Premio único: Infrared Tracker de Elio Guion (IES Rosalía de Castro – Santiago de Compostela).