iso9001

pres14.jpg

vindeira_c_200

ofertas_de_empleo

Trabaja con nosotros
A cidade Imprimir Correo-e

A cidade: Vigo


Vigo é unha ciudade de case 300.000 habitantes, aínda que no día a día traballan ou estudan nela case medio millón de persoas, o que significa un 32% de la población da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación galega. Ademais de ser a ciudade máis poboada de Galicia, é tamén a que máis fluxo migratorio ten rexistrado en toda a súa historia. Polo porto sairon, no pasado, centos de miles de emigrantes cara América; pero tamén decenas de miles  quedaron aquí e fixeron súa esta cidade axudando a construila. É unha ciudade con fortes industrias, como son a construcción naval, o sector pesqueiro e a súas diversificacións e a industria automovilística. Está moi ben comunicada: pola estrada coa Autopista do Atlántico, ademais da estación de tren e autobuses. Conta cun aeroporto e con servizo de transporte de ría, que o comunica con Cangas, Moaña e no verán coas Illas Cíes. Mención especial merece o porto, un dos máis importantes de Europa, cun enorme fluxo de mercadorías.


Xeralmente soleada, con veráns cálidos pero non agobiantes, disfruta dun microclima dentro de Galicia.


cies 4


A ciudade de Vigo está situada na metade da Ría á que da o seu nome, a máis sureña das Rías Baixas e sen dúbida a de maior beleza. Dende as Illas Cíes ata a ensenada de San Simón, a cal se abre tralo estreito de Rande, o longo estuario vigués está salpicado de pintorescas vilas mariñeiras, presididas pola urbe olívica, coñecida como "A Porta do Atlántico". A súas praias son de grande atractivo, con estupendas instalacións para a práctica de deportes náuticos e rutas pola Ría. No ano 2007, The Guardian elixiu a praia de Rodas, nas Illas Cíes como a "praia máis bonita do mundo", e é que Vigo conta con 45 praias, algunhas delas nudistas, que nos ofrecen a oportunidade de estar en contato permanente co mar.

cies 1

 

Fonte: www.turismodevigo.org

Estilo de vida Gradiant

En Gradiant desfrutamos dun grande ambiente de traballo, pragado de xente motivada e ilusionada  en cada un dos proxectos que se levan a cabo. O plantel de Gradiant é xoven e afronta cada día coma un novo reto, con frescura, compañeirismo e con moito humor, desfrutando dun horario flexible, adaptándose ás necesidades de cada posto.
Traballando en Gradiant terás a oportunidade de traballar con verdadeiros líderes nos proxectos máis innovadores.

Envíanos o teu curricumlum

 


Noticias - News - NovasMás Noticias - More News - Máis Novas

certame_web

seminario_de_spin_offs

facebook