![]()

| Caricaturización Automática |
|
|
| Venres, 30 Xullo 2010 18:05 | |
|
Como todos sabemos, as caricaturas son retratos en chave de humor onde se esaxeran os trazos máis característicos das persoas. Dependendo de quen as debuxe, dúas caricaturas dunha mesma persoa poden ser totalmente diferentes, xa que o estilo do debuxante (con trazos sinxelos, manga, etc.) e que trazos e canto se esaxeran (é algo subxectivo) non son algo estándar. A maioría dos traballos feitos ata a data en caricaturización automática seguen un esquema moi similar. Unha vez detectados os trazos da cara se comparan co que se pode considerar como unha cara media, que se tomará como estándar. Desta comparación extráense aqueles trazos máis significativos da persoa caricaturizada e se esaxeran, deformando a fotografía para lograr así o efecto de caricaturización. Para que a caricatura pareza un debuxo en lugar dunha fotogradía deformada, é moi común aplicar algoritmos de detección de bordes, cos que a imaxe se convirte nunha especie de debuxo a trazos. O maior problema destes métodos é que non seguen un estilo particular dun debuxante, non se lles "ensinou" como debe realizar a caricatura. Como vimos antes, á hora de imitar un estilo debemos fixarnos principalmente en dúas cousas: o estilo do debuxo e a forma de esaxerar os trazos. Para facer isto, débese contar cun conxunto de fotografías e as súas correspondentes caricaturas nas que se teñen esaxerado os trazos faciais. Mediante algoritmos de aprendizaxe automático, o sistema aprende como transforma o debuxante cada un dos trazos. Isto resolve o problema de decidir que trazos esaxerar e como esaxeralos, pero falta imitar o estilo do debuxo. Para isto, utilízanse recortes da caricatura seleccionando para cada trazo o parche máis axeitado e deformándoo para que se axuste ó aprendido e obter a caricatura como se se tratase de un collage. Aínda que nun campo tan creativo coma o aprendizaxe automático o resultado dunha caricaturización automática nunca poderá ser comparable a unha caricatura realizada por un debuxante, si que é útil para certas aplicacións. En Gradiant, estamos traballando nun proxecto de personalización automática para libros infantiles. A motivación deste proxecto é introducir a cara do neno nas ilustracións sen romper a estética, mantendo un estilo uniforme e permitindo que se poda facer de forma rápida e automática. Isto fai que a personalización vaia un paso máis alá, logrando que o neno esté totalmente integrado no libro. |