iso9001

pres6.jpg

vindeira_c_200

ofertas_de_empleo

Sistemas de información dependentes do contexto Imprimir Correo-e
Venres, 16 Xullo 2010 09:37

20100716_sistemas_de_informacion_dependientes_del_contexto

 

Os libros de texto son o vehículo clásico de información para a aprendizaxe. Con todo, nos últimos anos estamos vivimos grandes transformacións tecnolóxicas. Internet é o maior sistema de información que posuímos. A súa primeira xeración como tal empregaba mecanismos de resposta: o usuario sabía todo o que buscaba e onde atopalo. Pola contra, na segunda xeración o usuario sabe o que busca, pero non sabe onde atopalo. De aí xorden os motores de procura, sendo necesarios algúns clicks para obter respostas (Google é un exemplo). Xa na terceira xeración, para axudar ao usuario que non sabe nin que busca nin onde atopalo, xorden os motores de contexto (context engine).
O contexto engloba ao conxunto de datos que poden caracterizar persoas, lugares ou obxectos e que son relevantes para a relación entre usuario e o sistema. Os novos modelos de información dixitalizan o libro de texto tradicional, engadindo información multimedia (vídeos, representacións 3D), que permiten a interacción dos usuarios con estes recursos, e ademais inclúen información dependente do contexto.
Como B. Schilit afirma en "Context-Aware Computing Applications" (1994), os aspectos importantes do contexto son:

  • Who (quen?, Identity Awareness), referente aos perfís de usuario e a medida na que o contexto a diferenza para lograr o comportamento adecuado.
  • What (que?, Task Awareness), céntrase no que o usuario está a facer, que tarefa realiza e que quere conseguir. Determina os servizos que o sistema lle ofrece.
  • Where (onde?, Location Awareness), representa o coñecemento da localización física, é dicir, localización de persoas que realizarán as tarefas.
  • When (cando?, Estafe Awareness), refírese á adquisición e mantemento de información sobre tempo e data, horarios e axenda de cada usuario en tempo real.
  • Why (porqué? do comportamento dun dispositivo) é a parte encargada de establecer os motivos polos que o usuario interactúa co sistema para facilitar a realización de tarefas cotiás, que se realizan se é posible de maneira implícita, é dicir, sen intervención por parte do usuario.

Os sistemas de información dependentes do contexto, extraen, interpretan e usan os datos adquiridos para adaptar a súa funcionalidade ao estado actual, proporcionándolle información útil ao profesional. Ao combinalos con dispositivos móbiles, convértense en ferramentas de apoio para a formación áxil do persoal dunha empresa en procedementos novos ou en continua evolución.
Un exemplo diso estase desenvolvendo en Gradiant en colaboración coa empresa Ednon. Trátase dun sistema de información profesional específica para profesionais da enfermaría. Os enfermeiros poden acceder á información multimedia de determinados protocolos médicos, e identificar instrumentos e situacións de risco para os pacientes sen desprazarse até o computador máis próximo.

 
Noticias - News - NovasMás Noticias - More News - Máis Novas

certame_web

seminario_de_spin_offs

facebook