iso9001

pres9.jpg

vindeira_c_200

ofertas_de_empleo

O director xeral de Gradiant analiza as tendencias actuais e de futuro nas TIC no evento Vindeira Capital Network Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Xullo 2010 12:02

 

20100707_evento_vindeira_capital_risco_stgo_web

Vindeira Capital Networ desenvolveuse durante dous días en Santiago de Compostela (6 e 7 de xullo). Reuniu proxectos innovadores con fodos de investimento. Estivo patrocinado por Gradiant e o Cluster TIC

 


El evento, desenvolvido durante dous días en Santiago de Compostela, permitiu poñer en contacto a 16 proxectos innovadores do sector TIC galego con algúns dos fondos de investimento máis importantes do panorama nacional. Contou coa presenza de Javier Guerra, conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, que o calificou como "unha fórmula axeitada para dar un pulo á economía", e de Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i.

Diante de responsables de ditos fondos e profesionais en xeral do eido das novas tecnoloxías dixitais, Fernando Péres, director xeral de Gradiant, expuso a situación actual do sector TIC en Galicia e afirmou que tras unha transformación "dun bosque de eucaliptos a un bosque de carballos" entidades como Gradiant, VIndeira e o Cluster TIC teñen servido como verdadeiros aceleradores. Pérez, presentou tamén algunhas das liñas de investigación nas que o centro traballa actualmente cunha visión de transferencia ó mercado no prazo de dous ou tres anos, e nas que algúns dos fondos mostraron gran interese no seu desenvolvemento.

Gradiant foi patrocinador do evento, xunto con Vindeira (plataforma tecnolóxica das TIC) e o Cluster TIC, e encadra  este patrocino na súa actividade de difusión e animación das iniciativas emprendedoras, tal e como xa fixo o ano pasado ao organizar con algún dos fondos de capital risco presentes no evento, un seminario sobre a creación de spi-offs.  

 
Noticias - News - NovasMás Noticias - More News - Máis Novas

certame_web

seminario_de_spin_offs

facebook