![]()

| PARTICIPA NO CERTAME DE RELATOS DE GRADIANT E GAÑA UNHA NINTENDO DSi |
|
|
|
Moitas grazas a todos por ter participado. O número de relatos recibidos, procedentes de centros de toda Galicia, superou as expectativas da organización e a decisión do xurado estivo moi axustada. Tanto, que na Categoría C houbo un terceiro accésit non previsto, dado o nivel dos relatos presentados.
LE OS RELATOS GAÑADORES
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA A Autor: Marcos Santiso Cacheda Accésit Categoría A. Autor: Jara Fontenla González (Escola Rosalía de Castro, Vigo) Accésit Categoría A. Autor: Marta María Díaz Verdía (IES Sabón, Arteixo)
PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA B. Autor: Óscar Rivero Salgado (IES Cidade de Antioquía, Xinzo da Limia) Accésit categoría B. Autor: Javier Gómez (IES Primeiro de Marzo, Baiona) Accésit categoría B. Autor: Román Portela Suárez (IES Alexandre Bóveda, Vigo) PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA C. Autor: Álvaro Rodríguez Real (IES A Sardiñeira, A Coruña) Accésit categoría C. Autor: Nerea Lima Pradro (IES Castelao, Vigo) Accésit categoría C. Autor: Brais López Rodríguez (IES Castelao, Vigo) Accésit cateogría C. Autor: Carla Rodríguez Piñeiro (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo)
BASES DO CONCURSO Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema "A túa escola do futuro". Quen pode participar: A convocatoria divídese en tres categorías: CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)
Que pedimos Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia ficción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.
Extensión dos relatos: A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanografiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios aparte do texto.
En caso de dúbida, póñanse por en contacto con
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
ou 986 81 86 37 Os premios:
Unha Nintendo DSi para cada un dos gañadores en cada unha da tres categorías e dous accesit por categoría consistentes nun lote de libros. Ademáis, a organización farase cargo dos gastos de desprazamento dos compañeiros de clase do gañador/a do primeiro premio ata Vigo, para asistir á entrega de premios e a unha visita guiada polas instalación de Gradiant.
|