iso9001

pres8.jpg
PARTICIPA NO CERTAME DE RELATOS DE GRADIANT E GAÑA UNHA NINTENDO DSi Imprimir E-mail


logo_semana2009_gal_azul_web

logo conselleria-direccion xeral_web incite-color_web

 

Moitas grazas a todos por ter participado. O número de relatos recibidos, procedentes de centros de toda Galicia, superou as expectativas da organización e a decisión do xurado estivo moi axustada. Tanto, que na Categoría C houbo un terceiro accésit non previsto, dado o nivel dos relatos presentados.

 

LE OS RELATOS GAÑADORES

 

PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA A Autor: Marcos Santiso Cacheda

Accésit Categoría A. Autor: Jara Fontenla González (Escola Rosalía de Castro, Vigo)

Accésit Categoría A. Autor: Marta María Díaz Verdía (IES Sabón, Arteixo)


PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA B. Autor: Óscar Rivero Salgado (IES Cidade de Antioquía, Xinzo da Limia)

Accésit categoría B. Autor: Javier Gómez (IES Primeiro de Marzo, Baiona)

Accésit categoría B. Autor:  Román Portela Suárez  (IES Alexandre Bóveda, Vigo)


PRIMEIRO PREMIO CATEGORÍA C. Autor: Álvaro Rodríguez Real  (IES A Sardiñeira, A Coruña)

Accésit categoría C. Autor: Nerea Lima Pradro (IES Castelao, Vigo)

Accésit categoría C. Autor:  Brais López Rodríguez (IES Castelao, Vigo)

Accésit cateogría C. Autor: Carla Rodríguez Piñeiro (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo)

 

 

 

BASES DO CONCURSO

Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema "A túa escola do futuro".

Quen pode participar:

A convocatoria divídese en tres categorías:

CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)
CATEGORÍA B: Alumnos de segundo ciclo de Secundaria (3º e 4º)
CATEGORÍA A: Alumnos de Bacharelato (1º e 2º)

 

Que pedimos

Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia ficción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.

 

Extensión dos relatos:

A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanografiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios aparte do texto.
Os relatos firmados con pseudónimo e por triplicado deben ser enviados por correo ordinario xunto cun sobre pechado que inclúa os datos de contacto do autor (nome, centro, dirección, teléfono do centro no que estuda e email) antes do dia 11 de novembro de 2009 a:


GRADIANT ETSI Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n. 36310, Vigo
ou a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

En caso de dúbida, póñanse por en contacto con Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou 986 81 86 37

Os premios:

Unha Nintendo DSi para cada un dos gañadores en cada unha da tres categorías e dous accesit por categoría consistentes nun lote de libros. Ademáis, a organización farase cargo dos gastos de desprazamento dos compañeiros de clase do gañador/a do primeiro premio ata Vigo, para asistir á entrega de premios e a unha visita guiada polas instalación de Gradiant.
Calquera dos participantes pode solicitar unha visita guida para a súa clase ó Centro. Contáctanos no 986 81 86 37.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
Noticias - News - NovasMás Noticias - More News - Máis Novas

certame_web

seminario_spinoffs