iso9001

pres9.jpg

vindeira_c_200

ofertas_de_empleo

Presentación Imprimir Correo-e
Presentación

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT: Galician Research and Development Center in Avanced Telecommunications) foi fundado en Decembro de 2007 por once empresas do eido TIC de Galicia (Arantia, Arteixo Telecom, Egatel, Gsertel, Indra, Ineo, R, Telefónica, Televés, Tredess y Tele2 Comunitel), a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, e as tres universidades galegas (A Coruña, Santiago e Vigo). O 51% do capital fundacional de GRADIANT é privado,  adoptando a fórmula xurídica de “fundación privada sen ánimo de lucro”.

O proxecto de creación do Centro ten as súas orixes no ano 2003, cando a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Innovación, Industria e Enerxía , dirixida por Juan Rodríguez Yuste, solicita a un grupo de profesores da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo que realicen un estudio de viabildade para a súa posta en marcha.

Actualmente, GRADIANT, ubícase de xeito provisional en instalacións cedidas pola Escola de Enseñeiros de Telecomunicación de Vigo, mentres non conclúe a primeira fase da Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), que entrará en funcionamento, tamén no campus vigués, previsiblemente en 2010.

GRADIANT parte da experiencia de grupos punteiros en investigación e transferencia da Escola de Enxeñeiros de Vigo, tanto dos Departamentos de Teoría do sinal e Comunicacións, coma de Enxeñería Telemática. Proba de dita experiencia constitúe o feito de que os dous grupos de investigación que promoveron a creación de GRADIANT recibiron o selo de consolidados por parte da Xunta de Galicia, sendo os únicos na comunidade galega ós que, no eido das Telecomunicacións, lles foi outorgada esta distinción.



Área de Comunicacións Dixitais

A área de comunicacións dixitais de GRADIANT ten a súa orixe no Grupo de Procesado de Sinal de Comunicacións (GPSC, http://www.gts.tsc.uvigo.es/gspc/) da Universidade de Vigo, o cal se constituiu en 1995. O persoal que compón esta área de GRADIANT ten ampla experiencia na aplicación das técnicas de procesado d sinal ás comunicacións, facendo ademais uso de procesado en capas superiores, tales como rede e transporte.

Actualmente, as principais liñas de traballo concéntranse en:

•    Difusión de televisión dixital: procesado e implementación (banda base ou FI dixital) dos transmisores, receptores e reemisores, incluindo procesado en capas superiores. Tense contrastada experiencia en DVB-C, DVB-T, DVB-S e DOCSIS. Máis recentemente tense comezado a traballar en DVB-H e DVB-S2.
•    Comunicacións por satélite: esquemas de sincronización, procesado de sinal en sistemas multiusuario e satélites multifaz.
•    Comunicacións sen fíos: Bluetooth, WiFi, sistemas MIMO.
•    Wavelets e análises multirresolución. Aplicacións en codificación e imaxes médicas.
•    Watermarking de sinais multimedia, autentificación e protección do copyright.
•    Radio cognitiva e redes de sensores. Estimación distribuida, centralización da información, estratexias cooperativas.
•    Faise uso intensivo de sistemas de desenvolvmento sobre FPGAs, tanto Altera como Xilinx, incluindo o manexo de procesadores empotrados nas mesmas. Estes sistemas alcanzan velocidades de muestreo de ata 150 MHz. Igualmente, utilízanse con frecuencia DSPs, de Texas Instruments e Analog Devices.

O equipo que compón esta área de GRADIANT ten dúas patentes europeas, e unha patente triádica (Europa, EE.UU. e Xapón) solicitada no campo do watermarking. Ademais, ten publicado máis de 50 artigos en revistas do maior prestixio internacional (IEEE Trans. on Signal Processing, IEEE Trans. On Communications, IEEE Trans. On Image Processing, IEEE Trans. On Information Forensics and Security, IEEE Proceedings, etc.).

Entre as empresas coas que colaboramos destacan:

Televés, LG Electronics, Nortel, Motorola, Intelsis, Mier, BTESA, Tredess 2010, Gsertel, Thales, Philips Research Labs, Norsistemas, German Aerospace Research Center (DLR), European Space Agency (ESA), NAC Intercom, Energía de Galicia, SDAE, Microgénesis, Atos.

Alentado pola crecente demanda de seguridade a nivel mundial,  a investigación e desenvolvmento de algoritmos de recoñecemento biométrico téñense convertido nunha importante liña de traballo dentro de GRADIANT.

Áreas de Redes e Aplicaciones

As áreas de redes e aplicacións de GRADIANT teñen a súa orixe no Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo (GTI, http://www-gti.det.uvigo.es), que se  esta constituiu oficialmente en 1999. O equipo que compón esta área de GRADIANT ten participado na xeración de, ata a data, catro patentes nacionais, unha patente EE.UU., unha extensión de patente europea vía PCT, decenas de publicacións en revistas internacionais (incluindo IEEE Transactions on Communications, IEEE Communications Letters, IEEE Transactions on Vehicular Technology e IEEE Transactions on Image Processing) e numerosas comunicacións en congresos internacionais, moitas delas por invitación.

A actividade comprende as seguintes liñas de investigación e desenvolvemento precompetitivo:

•    Vídeo baixo demanda e streaming multimedia: protocolos, codificación de rede en tempo real, sinalización, sincronización, etc. Depositouse unha patente sobre protocolos de vídeo baixo demanda escalables, que se presentou no congreso IEEE ICC 2008. Neste campo, tense levado o peso da transferencia tecnolóxica á empresa Arantia (Grupo Televés), a través de diversos contratos. Tamén destaca a participación no PROFIT GIGABUILDING (con Gigle e Arantia) sobre distribución multimedia en redes PLC, e o tractor ZAP-TV (con Moviquity e Telefónica I+D) sobre protocolos de distribución para televisión móbil DVB-H.
•    Redes de altas prestacións: encamiñamento, conmutación, redes ópticas… A empresa Altera incluíu o planificador de paquetes PHM desenvolvido sobre FPGAs no seu repositorio de benchmarks. Ademais, destaca a participación na rede de excelencia BONE do VII Programa Cadro.
•    Comunicacións móbiles e sen fíos: seguridade, planificación, tecnoloxías e servizos de localización satélite, WLANs, WPANs, redes móbiles ad-hoc, redes de sensores, DTNs, redes vehiculares, etc. Particípase nos proxectos sinngulares M:Cidade e ELISA, no CENIT TelMax (subcontratado por Indra) e na red de excelencia SatNEx II do VI Programa Cadro. O sistema de acceso sen fíos Bluess ten recibido máis de 1000 descargas (http://sourceforge.net/projects/bluess/). En datas recentes tense activado un proxecto sobre redes de sensores (con Telefónica Móbiles e Telefónica I+D).
•    Outras tecnoloxías de rede: servizos remotos de cálculo intensivo (teleanálisis de motores e máquinas, radioterapia, bases de datos multidimensionales), middleware (nomadismo, descarga de aplicacións), Ipv6 (experiencia de despregue en RECETGA…). Destacan neste eido as colaboracións co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
•    Sistemas empotrados e de tempo real: hardware, sistemas operativos, aplicacións (servizos telemáticos en vehículos, car2car). Participación no PROFITIFEC (con Aldaba), sobre sistemas empotrados de selado temporal cifrado. Tamén destacan deste eido las colaboracións co Centro de Tecnoloxías de Automoción de Galicia (CTAG).
•    Identificación por radiofrecuencia. Participouse no eTEN LIBER IMMS sobre middleware para abstracción de servizos RFID, así coma no PROFIT Idsensor (con Inabense e SAEC-DATA SA) sobre tecnoloxías RFID para o sector do mar.

Entre as empresas e institucións coas que se ten colaborado destacan:
Indra, Soluziona, Inabensa (Grupo Abengoa), Uniteam SpA (Italia), SAEC-DATA, Televés, Comunitel Global SA, Telefónica Móviles SA, R cable e comunicacións SA, Televisión de Galicia, PUMADE SA, Telefónica I+D, Arantia 2010 SL.



 
Noticias - News - NovasMás Noticias - More News - Máis Novas

certame_web

seminario_de_spin_offs

facebook